Asóciate
O único requisito para ser socio/a da nosa entidade é cubrir a ficha correspondente.
A cota é de 10 euros anuais, aberto a achegas voluntarias de maior importe. A primeira cota deberás cargala ti para facilitar a domiciliación en anos sucesivos. Lembra poñer o teu nome como concepto.
Unha vez cuberta a ficha e realizada a transferencia, podes presentala en persoa ou por correo electrónico. Se tes alguna dúbida contacta connosco.
Descubre o que significa ser socio/a de Vigo VMP
Descubre as moitas vantaxes que ten ser socio ou socia de Vigo VMP. Este listado irá crecendo con máis ofertas no futuro. E se es empresa, podes poñer o teu gran de area e, ao mesmo tempo, darte a coñecer ante as persoas asociadas, simpatizantes e visitantes do noso sitio web.
Consultas sobre a normativa de VMP
Informamos de todos os detalles das normativas no nivel local e estatal, así como calquera apoio informativo se tedes que iniciar reclamacións legais por algunha infracción.
BGOELECTRIC - Tenda física en Rúa Tarragona, 8. Tenda oficial smartGyro / Ebroh-Sava Bikes. Servizo Técnico e repostos oficiais, con servizo post-venta de calidade. Para os asociados que merquen un patinete novo, inclúese casco, chaleco e primeiro mantemento gratis. Ademais fan un 10% en reparacións.
Consellos sobre mantemento de VMP
Consulta con outros socios e socias, e empresas do sector. Desenvolveremos obradoiros para o mantemento, conservación e pequenas reparacións dos nosos VMP.
REPARA LAR
REPARA LAR - Traballos de electricidade, cerrallería e fontanería. Como socio de Vigo Vmp ofrece un 17% de desconto a todas as persoas afiliadas á asociación. 886602003 e 606984600.
JAVAMBA. En Javamba vas atopar patíns eléctricos urbanos e mixtos que se adaptan ás necesidades de calquera persoa. Socios/as de Vigo VMP contan cun ano de seguro gratis ao mercar un VMP e un 10% en reparacións. E descontos extra se estás no grupo de Telegram!